Reseña del libro "a viaxe de omoh (en Gallego)"
cando omoh espertou estaba enchoupado. abrazaba un tronco áspero e tiña máis frío do que lembraba ter sentido nunca, cos dentes a batarlle sen control. custoulle comprender onde se atopaba. unha terrible tormenta arrastrara a súa balsa mar adentro. decatouse de qe non estaba só. outro náufrago, instalado sobre o mesmo tronco ca el, fitábao atentamente. tratábase dunha lagarta de ollos escuros que, incriblemente, se puxo a conversar con el. a pequena goleta do loiro recolleraos e omoh inciará unha longa viaxe que o levará moi lonxe da súa casa. ata entón, omoh só coñecía a súa illa, e soñaba con volver a ela. despois de múltiples peripecias, dende o encontro inagardado cunha balea ferida, á abordaxe dun barco de piratas, omoh e o loiro atracarán no que pensan é porto seguro. alí, sen embargo, omoh verase obrigado a embarcar de novo, nesta vez como polizón, nun mercante no que fará unha grande travesía deica o porto de san francisco. as novas peripecias e tarefas que viviu durante a “gran viaxe” e, por riba de todo, as relacións que estableceu cos personaxes que foi atopando, dende o músico á fanny, unha moza loira da súa idade, espertáronlle dúbidas sobre o seu futuro e un forte desexo de coñecer outros lugares.