Reseña del libro "As Escumas da Letra (en Gallego)"
A teor do subtitulo do libro, na biografia, con solidas raices na cidade da Coruña e na sua prolongacion atlantica, podese percibir a evolucion da escritora, a configuracion da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e politico, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamen co ensino publico e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de duas partes, pois os aspectos biograficos complementanse co estudo da extensa obra literaria.Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luisa Villalta unha escritora polifacetica que desenvolveu os catro xeneros literarios -poesia, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa traducion e o xornalismo sendo, ademais, prolifica, con certeza constitue algo pouco habitual no mundo literario. Compre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da critica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precision pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperacion na elaboracion de manuais didacticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacions periodicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña.o En conclusion, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luisa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a sua importancia para a lingua e literatura galegas e, por extension, para a cultura, alicerzada na escolla para o Dia das Letras de 2024.